O vindeiro sábado 30 de novembro participaremos dunha nova edición da Culturgal con dúas actividades sobre os ámbitos da tradución literaria e da tradución audiovisual.
- A profesionalización da figura da tradutora literaria. Ás 17:00 no espazo Aula contaremos coa participación de Ana Luna, María Reimóndez e Alejandro Tobar, conducida por Béatrice Pepin.
- Hai vida alén dos libros: a tradución de contidos audiovisuais. Ás 18:00 no espazo Aula contaremos coa participación de Rosa Camiña e Roi Renaldo, conducida por Manuel Arca.
Non perdas a oportunidade de participar na Feira da Cultura Galega e de asistir ás nosas actividades!