A AGPTI levará a cabo o día 12 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC un curso de introdución á comunicación para tradutoras e intérpretes impartido por Carmen Máiz Bar.
Este curso, orientado a tradutoras e intérpretes, ten por obxectivo achegar as principais ferramentas de comunicación empresarial á disposición das profesionais do sector, para alcanzar ao maior número posible de públicos (e clientes!).
Carmen Máiz Bar é licenciada en Tradución e Interpretación, e Publicidade e Relacións Públicas, e doutora en Comunicación, cunha ampla formación en áreas coma community management, posicionamento SEO/SEM, protocolo, vendas, coaching e idiomas. Hoxe compaxina diversas actividades do ámbito da comunicación coa docencia e investigación no departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.
Programa e horario
Sábado, 12 de decembro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
- Comunicación e marketing
- Elementos básicos da comunicación
- Por partes:
- Publicidade
- Relacións públicas e eventos
- Comunicación online e redes sociais
- Outros (venda persoal, promocións, patrocinio, marketing directo…)
- O plan de comunicación
Preinscricións
As cotas de matrícula son 80 € para socias/os da AGPTI e o alumnado da USC, 100 € para socias/os da Rede Vértice e 135 € para xente non asociada. Dado que o número de prazas é limitado, darase preferencia ás socias e socios da AGPTI.
Para preinscribirse, é preciso encher este formulario. O prazo de preinscrición finaliza o 30 de novembro.
Se o curso non se puidese facer de xeito presencial por mor das restricións sanitarias, faríase en liña a través da plataforma Zoom. De ser o caso, informarase a todas as persoas inscritas o antes posible.