Curso de tradución médica II

A AGPTI organiza un novo curso de tradución médica.

Este curso (cunha parte teórica e unha parte práctica) supón unha excelente oportunidade para ampliar os coñecementos sobre a tradución médica inglés-español da man dunha autoridade neste campo: Fernando Navarro. O curso terá lugar no Gran Hotel Santiago os vindeiros 24 e 25 de febreiro de 2012. Ábrese o prazo de preinscrición do 17 ao 27 de xaneiro de 2012. Preme aquí para descargares o programa e todos os detalles de organización, incluído o formulario de preinscrición.