A AGPTI programou para o vindeiro 15 de novembro un curso que ten os seguintes obxectivos: ampliar a formación en lingua de especialidade xurídico-administrativa galega e española das e dos profesionais da tradución, afondar no coñecemento sobre terminoloxía especializada e xéneros documentais xurídico-administrativos e coñecer recursos útiles para ese tipo de tradución. O curso vai ter lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela e será impartido pola especialista e profesora da Universidade de Vigo Iolanda Galanes Santos.
Programa e horario:
- 10.00 – 10.30 Introdución
- 10.30 -11.30 Recursos
- 11.30 – 12.00 Pausa
- 12.00-13.00 Obradoiro de tradución I: Problemas de tradución.
- 13.00- 14.00 Obradoiro de tradución II: Interferencias, escrita arcaizante, nomes propios, nomes de leis, introdución á simplificación etc.
- 14.00-16.30 Pausa
- 16.30- 18.00 Xéneros documentais xurídicos e administrativos
- 18.00-18.30 Pausa
- 18.30- 20.30 Obradoiro de tradución III: Estratexias de simplificación.
O número de prazas é limitado, con admisión por estrita orde de chegada das solicutdes de preinscrición e preferencia para as socias e socios da AGPTI. Para se preinscribir é preciso cubrir este formulario. O prazo de preinscrición remata o 8 de novembro. As cotas de matrícula son 80 € para socios da AGPTI, alumnado da USC e da UVIGO; 100 € para socios da Rede Vértice e 135 € para non socios.
Pódese consultar todos os detalles neste documento.