Cursos de memoQ

A AGPTI organiza en Santiago de Compostela un curso de iniciación e un curso de perfecionamento do programa de TAO MemoQ os días 8 e 9 de marzo de 2013, respectivamente. O curso será impartido por Iago Marra Pérez, tradutor técnico, usuario experto e formador de memoQ.

8-9 de marzo de 2013

Santiago de Compostela

Profesor:

Iago Marra Pérez traballa dende hai máis de 10 anos para Maruboshi Europe BV en Ámsterdam, sede central en Europa de Maruboshi Co. Ltd. pertencente ao grupo xaponés CMC inc.

Desempeñou funcións de tradutor técnico, coordinador de proxectos e responsable de sistemas de tradución. Os seus campos de traballo actuais son as tecnoloxías aplicadas á creación, tradución e publicación de documentación técnica como, por exemplo, a xestión de contidos ou a tradución automática.

Principalmente, desenvolve solucións para fabricantes de automóbiles, maquinaria pesada, robótica e electrónica, no mercado xaponés, sueste asiático e europeo. Isto inclúe funcións de formación para clientes e dentro da súa propia organización.

A súa colaboración con Kilgray empezou hai dous anos, implementando o uso de MemoQ nos departamentos de tradución de tres sedes da súa empresa e formando o seu cadro de persoal. Xestores de proxectos, tradutores autónomos, provedores de tradución e membros dos equipos de tradución internos de Maruboshi e CMC utilizan a ferramenta para parte dos seus traballos con ampla satisfacción dende entón.
Iago participa habitualmente en diversos eventos internacionais da industria da tradución, presentacións, mesas redondas etcétera,. incluíndo eventos específicos de MemoQ.

Programa:

1. Temario do curso de iniciación (venres 8 de marzo)

  • Principios básicos de TAO
  • MemoQ: Introdución
  • Compoñentes
  • Arquivos e formatos
  • Fluxos de traballo
  • Creación/recepción de proxectos
  • Tradución de diferentes formatos en MemoQ
  • MS Office (DOC/X, XLS/X, CSV, PPT/X)
  • Configuración doutros formatos
  • Creación de recursos e consola de recursos
  • Introdución á terminoloxía
  • Concordancia (busca de fragmentos na memoria de tradución)
  • QA e as súas funcións incluíndo revisión ortográfica

 

2. Temario do curso de perfeccionamento (sábado 9 de marzo)

  • Versións de MemoQ
  • Interface avanzado de MemoQ:
  • Compoñentes
  • Arquivos e formatos
  • Fluxos de traballo
  • Creación de proxectos avanzados
  • Estatísticas
  • Traballar con Views, filtrado e ordenación
  • Autoxestión da memoria de tradución
  • QA e as súas funcións
  • Correctores ortográficos. Diferenzas entre Hunspell código aberto e Microsoft Office
  • LiveDocs e aliñamento
  • MemoQ server
  • Terminoloxía avanzada, extracción de termos e vinculación con produtividade e calidade
  • Compatibilidade con outras ferramentas de tradución

Material necesario:

  • Ordenador. Kilgray proporcionaranos unha licenza de tipo demo específica para o curso.

Horario:

  • O horario será o mesmo para o curso de iniciación e o de perfeccionamento.
  • Mañá
    9.30 – 11.30
    11.30 – 12.00     Descanso
    12.00 – 14.00
  • 14.00 – 16.00    Comida
  • Tarde
    16.00 – 17.30
    17.30 – 18.00    Descanso
    18.00 – 19.30

Lugar

  • Husa Ciudad de Compostela
    Avenida de Lugo, 213
    15703 Santiago de Compostela
    Tel. (+034) 981 569 320
  • Ligazón do centro:
    http://www.husa.es/es/nuestros-hoteles/hotel/v/u/husa-ciudad-de-compostela

Número de prazas

  • 15 prazas para iniciación e 15 prazas para perfeccionamento

Preinscricións

  • Para preinscribirse:
    • no curso de iniciación que terá lugar o venres 8 de marzo, cubride o formulario que atoparedes aquí.
    • no curso de perfeccionamento que terá lugar o sábado 9 de marzo, cubride o formulario que atoparedes aquí.

Prazo de preinscrición: dende hoxe até o 30 de  xaneiro de 2013.

As cotas de matrícula son de 95 € para socias/os da AGPTI, 115 € para socias/os da rede Vértice* e 150 € para non-socias/os. Pregámosvos que non paguedes mentres non vos confirmemos que estades admitidas/os. A confirmación farase unha vez rematado o prazo de preinscrición e comunicarase por correo electrónico, tanto a admisión coma os pasos que debedes seguir para formalizardes a matrícula.

Dado que o número de prazas é limitado, daráselles preferencia ás socias e socios da AGPTI. Polo demais, a admisión realizarase por estrita orde de chegada das solicitudes de preinscrición, criterio que rexerá tamén no caso de que algunha das persoas preinscritas non formalice a matrícula no prazo estipulado e cumpra recorrer á lista de espera, de a houber.

* A rede Vértice está formada polas seguintes asociacións: AATI, ACEC, ACEtt, AGPTI, AIPTI, APTIC, APTIJ, ASATI, Asetrad, ATIJC, ATRAE, EIZIE, MET, Tremédica, UniCo e la Xarxa.

Esperamos que o curso sexa do voso interese.

Recibide un cordial saúdo,
Ana Mirás e Rossana Couto
Área de Formación da AGPTI