Desconto na inscrición na 1ª conferencia internacional da APTRAD

Os días 18 e 19 de xuño deste ano a APTRAD (Associação Portuguesa de Tradutores e Intérpretes) vai celebrar a súa primeira conferencia internacional. Grazas a un acordo entre esta asociación e a AGPTI, que colabora no desenvolvemento da 1.ª conferencia internacional da APTRAD, os/as socios/as da AGPTI contamos cun desconto do 10 % na súa inscrición.

Para inscribirse é preciso completar o formulario que aparece na páxina web so evento (en inglés), na que atoparedes tamén máis información sobre o programa e as persoas participantes.

http://www.aptrad.pt/conference/conference.php