O pasado sábado celebramos o Día Internacional da Tradución baixo o lema “as ciencias das letras” na Domus da Coruña.
Foi unha ocasión especial para a asociación porque foi a primeira vez que organizamos un acto deste tipo na Coruña e, por outra parte, facelo na Domus simboliza perfectamente o lema deste ano: as letras das ciencias, co cal queriamos aprofundar un pouco no concepto dunha “terceira vía” que une ciencias e letras e non as separa. E diso mesmo nos falaron Maya Busqué, Xurxo Mariño e Lara Domínguez nunha conversa moi interesante que certamente abriu o apetito “científico” de todos os asistentes.
Foi todo un éxito e por iso queremos agradecer a todas as persoas asistentes a súa presenza.
A modo de resumo para todos aqueles e aquelas que non puidestes vir, deixámosvos este documento gráfico.