Preocúpache deixar sen querer algunha gralla? Cres que debe de haber unha forma máis rápida de escribir textos longos? Cansaches de executar tarefas repetitivas e aburridas no ordenador? Se é así, AutoHotkey pode axudarte!
AutoHotkey é unha ferramenta gratuíta de produtividade para o sistema operativo Windows que pode acelerar a túa velocidade de tecleo, reducir o número de erros comúns de escritura no teu día a día e automatizar as tarefas e que así poidas dedicar máis tempo ao que mellor sabes facer: traducir.
O curso impartirase en español.
A primeira parte do día será unha sesión introdutoria para usuarios que non coñecen AutoHotkey. Na segunda parte trataranse temas máis avanzados de AutoHotkey, coa mesma potencia e complexidade que VBA. Ao final poderás crear as túas propias macros de AutoHotkey para acelerar esas tarefas ingratas e repetitivas.
Venres, 3 de marzo, de 10:00 a 14:00: Introdución a AutoHotkey
- Instalación.
- Expansión de abreviaturas a cadeas longas.
- Introdución aos atallos de teclado.
De 16:00 a 20:00: AutoHotkey avanzado
- Atallos de teclado.
- Casos prácticos con algunhas opcións de AutoHotkey:
- Funcións
- Estruturas de control
- Bucles
- Directivas
- Automatización de aplicacións: Windows Explorer, Excel, Word.
Profesor: Jesús Prieto
Jesús Prieto é xefe de proxectos, tradutor técnico e comercial en NeoAtlas Traducciones, unha axencia de tradución en España. Aínda que é enxeñeiro de telecomunicacións, leva 24 anos no mundo da tradución.
Publica no blog Gonduana (www.gonduana.com), un proxecto que quere recompilar recursos gratuítos dirixidos a tradutores sobre macros de AutoHotkey e VBA, e trucos de ferramentas como Word, Excel e Trados Studio.
É un apaixonado da automatización e da tecnoloxía que se pode aplicar á tradución.
Preinscrición: o prazo de preinscrición xa rematou
Prazo de preinscrición: ata o 22 de febreiro
Lugar de celebración: Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Esta actividade xa finalizou
€
€
€
€
Horas totais