Sesión formativa en liña e gratuíta sobre ferramentas de xestión empresarial con software libre. Será unha toma de contacto de 1-2 horas de duración na que se poderán facer preguntas e se mencionarán ferramentas de localización dispoñibles en software libre.
Programa e horario
Venres 27 de outubro, de 18:00 a 20:00.
- Quen somos?
- Que son as tecnoloxías abertas?
- Principais ferramentas en software libre.
- Ferramentas específicas para a localización de software.
Orador: Luis Alberto Fernández
Xerente de Agasol desde o ano 2008. Licenciado en Ciencias económicas, con máis de 15 anos de experiencia en xestión e máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico.
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.
Agasol fundouse no ano 2007 e actualmente traballa en 18 países do mundo e en 4 continentes.
Lugar de celebración: virtual a través da plataforma Zoom
Inscrición: enche este formulario
Prazo de preinscrición: ata o 26 de outubro
Esta actividade xa finalizou
Horas totais