Merenda-conversa sobre o sector da tradución literaria en Galicia

A AGPTI foi convidada a unha mesa redonda que terá lugar o 19 de xullo no marco do I Encontro do Livro Galego, un encontro organizado polo proxecto de investigación da UDC «Campo Editorial e Cultura Autonómica: institucionalização e industrialização do livro na Galiza (1978-2026)». Participará en representación da AGPTI a socia Patricia Buxán.

Para preparar a nosa participación, decidimos elaborar unha radiografía do sector da tradución editorial en Galicia a modo de análise DAFO. Para iso, o grupo de tradución literaria da AGPTI reunirase o 28 de xuño ás 17.00 a través da plataforma Zoom e quere facer extensiva esta participación a todas as persoas socias por medio dunha merenda-conversa. Unha semana antes enviarase un documento de traballo que sirva de guía para esta xuntanza.

Lugar: virtual a través de Zoom

Público: socias da AGPTI

Inscrición: https://forms.gle/iEhHUY5GJQ1zwgHZA

Prazo de inscrición: ata o 26 de xuño

Esta actividade xa finalizou

28 Xuño 2024
17:00
Venres
28 Xuño 2024
19:00
Venres
Online

Horas totais

2.00