Merenda-conversa sobre o papel das asociacións fronte aos cambios tecnolóxicos no sector

O día 21 de xullo a nosa compañeira Iria Castro participará, dentro do curso “La traducción, una actividad en continua transformación tecnológica”, nunha mesa redonda con compañeiras de ASETRAD, APTIC e EIZIE sobre “El papel de las asociaciones ante los cambios tecnológicos del sector”. Para levar un punto de vista amplo e que reflicta o papel xeral da asociación, convidámosvos a esta merenda-conversa tecnolóxica onde debateremos sobre tecnoloxía e o que queremos que sexa a AGPTI.

A idea de celebrar esta merenda conversa parte da idea de levar o día 21 de xullo a visión máis ampla posible e representativa do que opinan as persoas asociadas sobre cal debe ser o papel da AGPTI ante os cambios tecnolóxicos do sector.

Na merenda conversa abordaremos diferentes temas como a posedición (serve para todos os tipos de texto e soporte?), as diferentes ferramentas de tradución (son todas iguais?), as asociacións deben ter un posicionamento férreo ante algúns cambios ou adaptarse e dar formación?

Esta merenda conversa pode ser o broche de ouro para acabar o día da asemblea xeral.

Lugar: Biblioteca do Centro Sociocultural José Saramago de Vite (rúa de Carlos Maside, nº 7, Santiago de Compostela, https://bit.ly/2PhA3hN)

Público: socias da AGPTI

Inscrición: https://forms.gle/74VsvucLxWssDmz9A

Prazo de preinscrición: ata o 16 de xuño

Esta actividade xa finalizou

18 Xuño 2022
17:00
Sábado
18 Xuño 2022
19:30
Sábado
Santiago de Compostela
0.00

Socias da AGPTI

Horas totais

2.5