Merenda-conversa sobre o modelo de galego para o audiovisual

Xuntanza virtual para debatermos sobre o modelo de galego para o audiovisual e as súas características. Onde está o límite entre ser fieis ao dicionario e usar expresións adecuadas á realidade actual da lingua? Que facemos cando as obras de consulta que temos non se actualizan coa rapidez coa que muda a lingua hoxe en día?

Eu aí diría «que pasada!», mais esta expresión non está recollida en ningún sitio “oficial”…

Este termo non vén no DRAG, xa non o podo usar?

—«Bro»? Iso non se pode poñer!

—Pero a xente nova agora fálache así…

 

Lugar: virtual a través de Zoom

Público: socias da AGPTI

Inscrición: https://forms.gle/oqxWhReYzLn1N76G9

Prazo de inscrición: ata o 14 de novembro

Esta actividade xa finalizou

15 Novembro 2024
19:00
Venres
15 Novembro 2024
20:30
Venres
Online

Horas totais

1.5