O Grupo de Estudos Audiovisuais da USC convidounos a participar no simposio internacional «As linguas minorizadas no audiovisual a dous anos da aprobación da Lei 13/2022», que se levará a cabo os días 8 e 9 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación. Este simposio centrarase no estado do sector audiovisual tras a aprobación da Lei 13/2022, xeral de comunicación audiovisual, con especial atención á diversidade lingüística, o tratamento da infancia, a produción independente e o marco institucional regulador. En concreto, convídannos a unha mesa redonda que provisionalmente ten a seguinte denominación: «Os axentes sociais e produtivos perante a Lei do audiovisual».
De modo semellante ao que fixemos antes do verán co grupo de tradución literaria (co que organizamos unha merenda-conversa para preparar a intervención nun encontro), gustaríanos convidarvos a esta merenda-conversa virtual que terá lugar o venres 4 de outubro ás 16:30 para poder poñer en común experiencias, percepcións e opinións a respecto do tema da mesa redonda co fin de que o noso socio e secretario Jose Rodríguez, que será quen acuda en representación da AGPTI, poida elaborar a súa intervención cunha perspectiva que represente o máximo posible o colectivo de profesionais da TAV da asociación.
Lugar: virtual a través de Zoom
Público: socias da AGPTI
Inscrición: https://forms.gle/WpBUW7eTcZXJW7iS6
Prazo de inscrición: ata o 1 de outubro
Esta actividade xa finalizou
Horas totais