Merenda-conversa sobre automatización de tarefas en Excel con macros e VBA (Visual Basic for Applications)

Coa gravadora de macros de Excel podemos automatizar tarefas repetitivas (que despois poderemos perfeccionar con VBA). Nesta merenda-conversa imos ver uns casos concretos, mais despois cada participante poderá aplicar o aprendido segundo o que precise.

  • Organización de tarefas e entregas
    • Organización de tarefas por clientes
    • Inserción de novas tarefas na folla do cliente correspondente
    • Organización de entregas por data
  • Facturación
    • Creación de facturas con formularios
    • Creación de facturas a partir de táboas de datos
    • Exportación de facturas en XLSX e PDF cun formato de nome concreto
  • Exportación de documentos bilingües
    • Exportación de documentos en formato TXT bilingüe (para usar en programas de control de calidade, como Xbench, ou para crear memorias de tradución con eles, por exemplo)
  • Formato de documentos orixinais
    • Organización de filas e columnas, uso de negriña, resalte de celas etc.

Esta actividade xa finalizou

11 Xuño 2021
16:00
Venres
11 Xuño 2021
19:30
Venres
Online

Horas totais

3.5