Merenda-conversa sobre recursos de tradución cara ao galego

Moitas veces, ao traducirmos textos da nosa especialidade aparecen termos doutras temáticas que non controlamos tanto. Podemos estar traducindo un texto xurídico e que, de repente, nos apareza un termo médico que non temos claro como se diría en galego. E esta mesma situación pode presentarse con moitas outras temáticas.

A idea desta merenda-conversa é compartirmos os recursos (tanto en liña como en papel) que usamos a diario ao traducirmos textos da nosa especialidade cara ao galego, aínda que tamén pode ser útil para quen traduza desde o galego cara a outras linguas. Deste xeito, saberemos onde buscar cando nos aparezan termos de diferentes temáticas.

Esta merenda-conversa non ten relatoras/es nin moderadora como tal, senón que todas as asistentes participaremos por igual achegando os recursos que consideremos.

Recompilaremos todos os recursos mencionados e compartiremos a listaxe con todas as asistentes uns días despois da merenda-conversa.

Público: socias/os da AGPTI

Inscrición: o prazo de inscrición xa rematou

Prazo de preinscrición: ata o 15 de setembro

Esta actividade xa finalizou

17 Setembro 2021
16:00
Venres
17 Setembro 2021
19:30
Venres
Online
0.00

Socias da AGPTI

Horas totais

3.50