Este curso está dirixido a persoas que teñan interese na tradución médica do inglés cara ao galego e queiran iniciarse neste ámbito de especialidade ou profundar os seus coñecementos. Abordaranse recursos útiles para traducir textos destinados a pacientes e traballaranse os tipos de textos habituais que requiren tradución cara ao galego neste ámbito, como documentos de consentimento informado e follas de información aos pacientes ou cuestionarios para pacientes.
Cando un paciente acode a un hospital para recibir tratamento ou participa nun ensaio clínico recibe documentación que debe entender e asinar e, en moitas ocasións, esta documentación redactouse orixinalmente en inglés. Neste curso veremos os tipos de textos que adoitan requirir tradución cara ao galego, recursos útiles para o tradutor médico e os retos e dificultades que entrañan estes textos para os tradutores.
A tradución de documentos para pacientes é un campo apaixonante por descubrir. Conxuga terminoloxía especializada, precisión, mais require tamén linguaxe clara, con termos que os pacientes comprendan con facilidade. Neste obradoiro traballaremos cunha escolma de textos destinados a pacientes e abordaremos os seus problemas de tradución.
Todas as persoas que asistan ao obradoiro recibirán unha subscrición gratuíta a Cosnautas que poderán usar durante 30 días.
Programa e horario
Venres 17 e 24 de novembro, de 16:00 a 20:00.
- A tradución de documentos para pacientes (patient-facing documents).
- Características dos textos.
- Lexislación relacionada.
- Recursos para a tradución.
- Obradoiro de tradución.
Profesora
Rossana Couto Lago é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Posúe un mestrado en Tradución Médico-Sanitaria da Universitat Jaume I. Posúe tamén o Diploma in Translation do Chartered Institute of Linguists e é tradutora xurada de inglés e español.
Traballa como tradutora autónoma desde o ano 2000 e está especializada en investigación clínica, desenvolvemento farmacéutico e validación lingüística de avaliacións de resultados clínicos. As súas linguas de traballo son inglés e portugués cara a español e galego. É socia da AGPTI onde estivo a cargo da vogalía de Formación, socia de Tremédica onde foi vogal de Capacitación e presidenta e tamén é socia da ATA.
Preinscrición: enche este formulario
Prazo de preinscrición: ata o 3 de novembro
Lugar de celebración: Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Esta actividade xa finalizou
€
€
€
€
Horas totais