Grupos de traballo

Na AGPTI, unha parte moi importante do traballo que facemos organízase por grupos. Calquera socio ou socia pode participar e, de feito, estas achegas son imprescindíbeis para levar a cabo moitas tarefas. 

Poden ser grupos de traballo puntuais para accións concretas (un problema que se dea en relación cunha convocatoria de emprego, por exemplo) ou outros máis continuados no tempo (tradución literaria, intepretación), e tanto para traballos internos da asociación como para accións que entran dentro dos nosos obxectivos fundacionais (a mellora da situación e das condicións da tradución xurada, por exemplo). 

En todo caso, animámosvos a sumarvos e participar da vida asociativa da AGPTI.

Na actualidade, os grupos activos son:

  • Interpretación
  • Tradución audiovisual
  • Tradución literaria
  • Tradución xurada

Quen pode participar nos grupos de traballo da AGPTI?

Calquera socio ou socia que teña interese ou experiencia na temática do grupo, pertenza ou non a ese sector. Tampouco é imprescindíbel que pertenza á categoría profesional. 

Como é o seu funcionamento?

Cada grupo decide o seu xeito de funcionar, mais habitualmente o contacto é por correo electrónico e o traballo baséanse en documentos compartidos que revisamos de xeito conxunto. A Xunta Directiva deberá estar informada dos avances de cada grupo e é habitual que faga encargas de tarefas concretas aos grupos de cada área. 

Este é o grupo de usuarios predeterminado. Este grupo está asignado automaticamente a todos os usuarios rexistrados existentes. O administrador pode...
Gratuíto