Guía para o inicio na profesión

Xa está dispoñíbel a Guía práctica para o inicio da actividade profesional da tradución ou da interpretación.

Esta guía recolle ideas, propostas e reflexións baseadas na experiencia das socias e socios profesionais, e está pensada para servir de orientación e aclaración desas dúbidas que se teñen ao comezar no mundo profesional e que non é doado saber a quen expoñer nin como solucionar.

Se o desexas, podes solicitarnos unha guía escribíndonos un correo a info@agpti.org e enviarémoscha tan pronto como sexa posible.

Esperamos que desfrutes lendo a guía e que che sirva para reflexionar e sacar boas ideas!