Merenda-conversa: Tira (máis) proveito de Xbench

O día 5 de abril (de 16.30 h a 21.00 h) celebramos unha nova merenda-conversa para seguir a afondar no uso da ferramenta Xbench, da cal xa nos falara Cristian Marcote o pasado 23 de novembro.

Desta vez as sesións estarán dirixidas por Ana Mirás, que explicará como utilizar o Xbench na cabina de interpretación, e por Paloma Barrera, que falará de comodíns de Word, expresións regulares e outros trebellos para aumentar a produtividade.

O prazo para se anotar é até o 1 de abril, con 20 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición, se ben terán preferencia as socias e os socios da categoría de profesionais da AGPTI. Clica aquí para te inscribires.

A merenda-conversa terá lugar, máis unha vez, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite (Santiago de Compostela). Pódese consultar toda a información nesta ligazón.