Merenda-conversa virtual sobre tradución xurada

A AGPTI está a organizar unha merenda-conversa virtual para o próximo luns 20 de abril ás 17:00 horas (só para socias e socios da AGPTI). Nela trataranse os seguintes temas:

  • Traballo para contactar coas profesionais que figuran na listaxe da Xunta para comprobar se están en activo e consultar con elas as problemáticas do sector.
  • Convocatoria de novas probas de tradución xurada.
  • Habilitacións directas de tradución xurada.
  • Falta de recoñecemento das traducións de/a galego por parte do MAEC.
  • Criterios de contratación de servizos de tradución e interpretación por parte das administracións públicas galegas.
  • Calquera outra cuestión sobre a tradución xurada que teña interese.

A ligazón para se inscribir é a seguinte: https://forms.gle/oD5MkvrpTw7ALAuE6.

Non é necesario ser profesional da tradución xurada para asistir.