Nos meses de maio e xuño, as socias e socios da AGPTI poderán participar nestas dúas merendas-conversa virtuais:
1. «Linguaxe inclusiva, ferramenta de traballo», dirixida por María Reimóndez
- Público: socias/os da AGPTI profesionais
- Data: xoves, 21 de maio de 2020, de 17:00 a 19:00 horas
- Lugar: virtual, a través da plataforma Zoom
- Inscrición: neste formulario
- Prazo de preinscrición: 20 de maio
PROGRAMA:
Por moito que algúns sectores recalcitrantes insistan en facer mofa da linguaxe inclusiva e/ou da linguaxe non sexista, a sociedade avanza cara a unha tolerancia cada vez menor da discriminación das mulleres e das persoas disidentes do xénero a través da linguaxe. No noso contexto, mesmo a Real Academia Galega a recoñece como un valor positivo na nosa comunidade lingüística. Sexa no campo da comunicación corporativa ata o xudicial e chegando ata o literario, contar con recursos para traducir utilizando linguaxe inclusiva é ferramenta fundamental para as tradutoras e intérpretes no traballo diario. Nesta merenda conversa falaremos un chisco das orixes da linguaxe inclusiva e/ou non sexista e faremos un percorrido por opcións existentes no galego e nas linguas de traballo das persoas participantes. Será, coma sempre, unha sesión distendida na que se busca que todas as persoas tomen a palabra… a menos que sexa para tentar rebater a necesidade de coñecer esta ferramenta!
2. «Consumo consciente (tamén como profesionais da TeI)», dirixida por Miguel Braña.
Público: socias/os da AGPTI profesionais
Data: luns, 8 de xuño de 2020, de 17:00 a 19:00 horas
Lugar: virtual, a través da plataforma Zoom
Inscrición: neste formulario
Prazo de preinscrición: 7 de xuño
PROGRAMA:
- Onde queda a ética na nosa profesión?
- É compatible o noso traballo coa economía social e solidaria?
- Consumo ético e consciente (tamén na vida profesional):
- Na banca
- Na subministración eléctrica
- Nas telecomunicacións
- Nos seguros
- Noutras actividades