Este ano polo Día Internacional da Tradución quixemos reunir representantes dos diferentes momentos da cadea de pensamento que é a tradución literaria e brindar un espazo no que conversarmos. E así vai ser, o sábado 29 de setembro ás 18.00 en Santiago de Compostela, en Kunsthalle (rúa da Conga, 8, na zona vella).
Para isto contaremos con Belén Regueira como moderadora e participarán:
- Manolo Bragado, editor
- John Rutherford, tradutor
- Antonio Martín, corrector
- Pablo Couceiro, libreiro
- Concha Costas, lectora