Noticias

Encontro Anual da Rede Vértice 2022 – 10.º Aniversario

O vindeiro venres 2 de setembro organizamos o Encontro Anual da Rede Vértice onde celebraremos o 10.⁰ aniversario da súa creación xunto ao resto de asociacións integrantes. Será un acto aberto ao público no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC. Contaremos, tamén, coa actuación musical de Aldaolado. Animádevos a participar!

Premios Follas Novas

As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022.- As cinco principais asociacións do sector do libro galego (Asociación Galega de Editoras, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Librarías de Galicia e Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) non asistiremos ao Consello Asesor do …

As asociacións de Editoras, Ilustradoras, Tradutoras, Librarías e Escritoras non acudirán ao Consello Asesor do Libro Ler máis »

Asemblea anual 2022 e merenda-conversa en Compostela

O pasado sábado 18 de xuño, tivo lugar a asemblea anual da AGPTI no Centro Sociocultural José Saramago de Vite (Santiago de Compostela). Nela aprobouse por unanimidade tanto a composición da nova xunta directiva como os balances económico e de actividades de 2021 e o orzamento e actividades para 2022. A nova xunta directiva, que …

Asemblea anual 2022 e merenda-conversa en Compostela Ler máis »

Comunicado sobre a orde de axudas á tradución de 2022

A AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) rexeita, unha vez máis, o enfoque e o contido da orde de axudas á tradución da Xunta de Galicia, que é, ao noso ver, pouco coherente coa realidade da profesión e do sector e que non tivo en conta a meirande parte das peticións …

Comunicado sobre a orde de axudas á tradución de 2022 Ler máis »

Unha obra traducida por María Alonso Seisdedos gaña o premio Follas Novas 2022

O pasado 7 de maio celebrouse en Santiago de Compostela a gala dos premios Follas Novas do Libro Galego 2022 (VII edición). Estes premios, anteriormente coñecidos como premio da Gala do Libro Galego, son convocados pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e mais a Asociación de Escritoras e Escritores en …

Unha obra traducida por María Alonso Seisdedos gaña o premio Follas Novas 2022 Ler máis »

A AGPTI na Culturgal 2021

A pasada fin de semana participamos na Culturgal, con varias actividades no noso posto e actos na xornada do domingo. Sen dúbida, foi unha fin de semana agradable e un bo xeito de nos desvirtualizarmos despois de tanto tempo falando na distancia, de nos reencontrarmos tanto coas compañeiras de profesión como con outras persoas do …

A AGPTI na Culturgal 2021 Ler máis »

Programa da AGPTI para a Culturgal 2021

O vindeiro sábado 27 e domingo 28, a AGPTI vai estar presente na Culturgal, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra. Coma noutros anos, contamos cun espazo propio (o posto número 40) no que ofreceremos información sobre a asociación e o sector e tamén imos ter algúns xogos relacionados coas linguas. Durante todo …

Programa da AGPTI para a Culturgal 2021 Ler máis »

Publicación de “Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora”

O pasado 5 de outubro, ao anunciarmos que a revista Viceversa era a gañadora da última edición do premio Xela Arias, anticipabamos a publicación dun volume monográfico dedicado a Xela Arias coma tradutora. Ese libro saíu xa do prelo, froito dunha colaboración entre a editorial Xerais e Viceversa. Alberto Álvarez Lugrís, Ana Luna Alonso e …

Publicación de “Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora” Ler máis »

A revista Viceversa gaña o IV Premio Xela Arias

O pasado 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, a AGPTI anunciaba o gañador da cuarta edición do premio Xela Arias: Viceversa. Revista galega de tradución, editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo e coordinada polos docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Alberto Álvarez Lugrís e Ana Luna Alonso. A AGPTI quere …

A revista Viceversa gaña o IV Premio Xela Arias Ler máis »