Co motivo do Día Internacional da Tradución, este venres, día 30, ás 19:00 na Casa do Taberneiro de Santiago de Compostela, teremos un faladoiro sobre tradución audiovisual con tres das nosas socias:
Manuel Arca (resposable de traducións de múltiples obras como Annie Hall, Dunkerque ou capítulos de Doraemon e Shin Chan) e mais Magdalena Sánchez e Lucía Doval (responsables da tradución para dobraxe e para subtitulado, respectivamente, da serie Os aneis de poder).
Neste encontro as nosas compañeiras falarannos da evolución da tradución audiovisual ao galego desde os seus albores até o día de hoxe e da experiencia concreta de traducir unha megaprodución para plataformas.