Frankenstein


Versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) deste clásico da literatura inglesa, con ilustracións de Miguel Robledo e tradución de Samuel Solleiro.

Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser unha obra indispensable, chea de aventuras, intriga e fondas reflexións filosóficas. Acompáñanos nunha viaxe fascinante que comeza cando o capitán Walton rescatan das xeladas augas do Ártico a Victor Frankenstein, quen comeza a contar a súa fabulosa historia. O relato da creación dun monstro sen nome que fala e reclama, coas mans cheas de sangue, o seu dereito ao amor.

Premio da Gala do Libro Galego á mellor tradución do 2019.