O sábado 28 de setembro vai ter lugar un obradoiro gratuíto de tradución para crianzas de 8 a 12 anos na Biblioteca de Galicia (Santiago de Compostela).
Trátase dunha actividade proposta polo grupo de tradución literaria para celebrar o Día Internacional da Tradución. O obradoiro estará impartido polas tradutoras María Reimóndez e Raquel Senra.
Para participar é necesario inscribirse previamente na páxina web da Cidade da Cultura.
- Data: 28 de setembro
- Horario: 11:30 a 13:30 h
- Duración: 120 minutos
- Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia e espazo exterior
- Público: 8 a 12 anos
- Prazas: 25