Presentación da rede Vértice en Zaragoza

O venres 7 de xuño tivo lugar en Zaragoza unha presentación pública da rede Vértice co gallo da súa reunión anual na que participaron 14 representantes das 17 asociacións que conforman a rede.

Pola AGPTI acudiu a súa presidenta, Patricia Buxán, que falou sobre algúns dos proxectos en marcha da asociación e mais dos aspectos diferenciadores da AGPTI con respecto a outros membros da rede.

ASATI, a Asociación Aragonesa de Traductores e Intépretes, foi a anfitrioa e preparou unha reseña do acto que se pode consultar na súa web.