Andrea Ucha Bouzada

Técnica superior en Xestión Comercial e Márketing e graduada en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés). Dedícase, sobre todo, á tradución audiovisual e, no seu tempo libre, á escrita poética.

Anteriormente, desenvolveu o seu traballo dentro do sector educativo, onde realizou tarefas tanto de corrección como de edición e creación de contidos.

Entre as obras audiovisuais que traduciu ao galego destacan O neno do pixama de raias (2008), Escuadrón Suicida (2016), Cegoñas (2016) ou 3 camiños (2021).