Cristina Marey Castro

🪢 Ao percorrer o legado familiar, aparecen persoas gandeiras, labregas, latoeiras, zoqueiras, tecedoras… No meu oficio cardo palabras, debullo expresións culturais, amaso textos.

🌈 Procuro proxectos transformadores e comprometidos, e colaboracións máis humanas.

🚲 Teño curiosidade pola etnografía, xogo ao fútbol e ando na bici de acó para aló.

⌛️ Horario de oficina: de luns a venres, das 9:00 ás 17:00 (UTC-3).