José Miguel Braña Montaña

Desde 2007, tradutor autónomo.

Socio fundador da cooperativa editorial Catro Ventos, especializada na tradución ao galego de obras relacionadas coa ecoloxía, a economía social, o consumo responsable e a educación alternativa.

2020: Tradución ao galego do libro A History of the World in Seven Cheap Things. A Guide to Capitalism, Nature and the Future of the Planet, publicado por Catro Ventos Editora.

2017: Tradución ao galego dos libros Biodiversité: vers une sixième extinction de masse e Juicio a los humanos, publicados por Catro Ventos Editora.

2016: Tradución ao galego do libro Transition écologique, mode d’emploi, publicado por Catro Ventos Editora.

2014: Tradución ao español do libro Heal Your Investments. A Story Your Banker Will Never Tell You de Trevor Pavitt e Alexander Arnbäck. En español titulouse Una historia que su asesor financiero jamás le contará.

2008-09: Tradutor (unhas 120.000 palabras, francés > español) da parte internacional de «Digiworld Yearbook 2008 España. Los retos del mundo digital»«Digiworld Yearbook 2009 España. Los retos del mundo digital», publicadas por ENTER-IDATE.

2008-09: Membro do equipo encargado da tradución ao español do informe «Corporate Accountability for Human Rights Abuses. A guide for Victims and NGOs on Recourse Mechanisms» da FIDH. Traducións voluntarias para a Federación Internacional dos Dereitos Humanos.