Laura Lemos Lemos

Tradutora do inglés e do francés cara ao español e ao galego, e entre español e galego en ambas as direccións. Finalicei o grao en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo en 2022 e estou a piques de rematar o mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional na mesma universidade.

Traballo por conta allea dende outubro de 2022, traducindo todo tipo de contidos para una tenda online a través dunha axencia. Algúns exemplos da clase de textos cos que traballo son: fichas de produtos, menxaxes publicitarias, promocións comerciais, mensaxes de erro e publicacións para redes sociais. A combinación coa que máis traballo é FR>ES, aínda que tamén teño traducido algún texto da mesma temática na combinación EN>ES.

Tanto o meu traballo de fin de grao como o traballo de fin de mestrado entran dentro da categoría de tradución editorial, polo que tamén estou interesada en abrirme paso nesa especialidade.