Lucía Doval

Chámome Lucía Doval e son tradutora autónoma especializada en tradución audiovisual e literaria. As miñas linguas de traballo son o inglés (EN), o galego (GL) e o español (ES), nas combinacións EN>ES/GL e ES<>GL.

Aos meus 26 anos, teño participado activamente en numerosos proxectos creativos e traballado man a man con profesionais do cine, a música, o teatro e as redes sociais. Estou sempre aberta a escoitar novas propostas de colaboración artística e gústame ir co “si” por diante!

Ademais de explorar con esta faceta máis artística e independente, traballo con empresas provedoras de servizos lingüísticos e subtitulo para plataformas dixitais e canles de televisión coma Prime Video, Netflix, Discovery e a TVG. Son Language Lead de galego en Deluxe e son a revisora principal da versión en galego dunha coñecida aplicación.

Fascíname o coñecemento en todas as súas formas. Son unha ávida lectora de libros de non-ficción e son cantautora e pianista. Se o teu proxecto trata temas como a filosofía, a música, a arte, as letras ou os misterios da realidade humana, saberei entenderte e adaptarme ao que precisas.

Conversa un anaco comigo e poderei contarche moito máis. Gústanme as persoas e o café!