María Alonso Seisdedos

Tradutora e correctora a partes iguais e coa mesma paixón. Licenciouse en Filosofía e Letras (División de Filoloxía, Sección Filoloxía Hispánica) pola Universitat Autònoma de Barcelona (1984) e en Filoloxía (Sección Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela (1988).

En 1986 iniciouse nos misterios da tradución de audiovisuais para dobraxe e subtitulado, labor que durante todos estes anos compaxinou coa corrección ortotipográfica e de estilo para diversas editoriais.

O soño de acceder á tradución literaria cumpríuselle en 2009, con O museo da inocencia (Masumiyet müzesi), de Orhan Pamuk, en colaboración con Bartuk Aykan, que foi recoñecida co premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á Mellor Tradución dese ano. Desde aquela enfrontouse a diversas obras de literatura para adultos e de infantil e xuvenil.

Pola versión galega de Ulises de James Joyce, recibiu, xunto aos seus colegas Eva Almazán, Antón Vialle e Xavier Queipo, os premios á Mellor Tradución de 2013 de Fervenzas Literarias, o Lois Tobío de Tradución da Asociación Galega de Editores, o Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galiza, e o da AELG á Mellor Tradución de 2013, ademais do Premio Nacional á Mellor Tradución 2014 que outorga o Ministerio de Cultura, Educación y Deporte.

En 2018 recibiu o primeiro Xela Arias que outorga a AGPTI pola súa traxectora profesional.

En 2022 recibiu os premios Follas Novas, XX Plácido Castro e X Ramon Llull á mellor tradución por Canto eu e a montaña baila de Irene Solà, Kalandraka, 2021.

Traduce do alemán, catalán, francés, inglés, italiano e portugués ao galego e ao castelán.

Revisa textos en galego e castelán.

Ámbitos de especialización
Programas informáticos
Ferramentas de tradución