Manuel Arca Castro

Manuel Arca Castro cursou o Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) e o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional na Universidade de Vigo. Foi galardoado co Premio Extraordinario de Fin de Carreira (2018) e mais foi gañador, na categoría de Tradución, dos Premios de Relato Curto, Poesía e Tradución da Universidade de Vigo nas edicións dos anos 2017 e 2018.

Desenvolveu tarefas de creación de contidos e de corrección ortotipográfica en casas editoriais como Obradoiro Edicións, Novo Vinilo Edicións e Hugin e Munin, mais na actualidade dedícase principalmente á tradución audiovisual (dobraxe, axuste/adaptación e subtitulado). Traduciu para o galego filmes e seriais para o público infanto-xuvenil e adulto.

É tamén membro de DAMA (Dereitos de Autor de Medios Audiovisuais).

 

RELACIÓN DAS PRINCIPAIS OBRAS AUDIOVISUAIS TRADUCIDAS AO GALEGO