María Suárez Seijas

Chámome María e son tradutora bilingüe especializada en tradución audiovisual. A lingua orixe dende a que traballo é o inglés, e traduzo a español e galego, as miñas linguas maternas. Tamén traduzo de español a galego e viceversa.

Rematei a carreira de Tradución e Interpretación no 2020 na Universidade de Vigo e logo completei o mestrado de Tradución Audiovisual na Universitat Autònoma de Barcelona. Mentres acababa o mestrado, comecei a traballar como tradutora autónoma.

Levo dende ese momento traballando como tradutora audiovisual para algunhas das provedoras máis importantes de servizos lingüísticos, como Netflix ou Amazon Prime Video, e tamén para a TVG. Marioritariamente fago traducións para subtítulos, pero tamén me encargo en ocasións de traducións para dobraxe. Así mesmo, tamén fago subtítulos para xordos, xa que a accesibilidade é unha das miñas paixóns.

Contacta comigo se precisas axuda coa túa tradución ou cos subtítulos. Estarei encantada de axudarche! E se non ofrezo o que buscas, coméntamo, encántanme os novos retos!