Marta Pastoriza Ares

Traduzo do inglés ao galego e ao castelán e estou especializada en turismo, marketing e moda. Aínda que no meu día a día tamén traduzo e corrixo textos doutras áreas.

Ademais do Grao en Tradución e Interpretación, tamén cursei o Mestrado en Estudos Interdisciplinares de Xénero, polo que me desenvolvo con soltura coa terminoloxía específica deste eido.

Por outra banda, tamén fago copywriting ou escritura para a venda en galego e castelán.

Contáctame no enderezo electrónico ou por teléfono e cóntame como te podo axudar.