Paloma Barrera Crespo

Ola! Son Paloma, tradutora, localizadora e revisora. Especialízome en localización (software, aplicacións, sistemas operativos, páxinas web e redes sociais), tradución audiovisual, tradución de márketing e tradución técnica, e tamén reviso traducións destes campos.

Traduzo do inglés e o alemán ao galego e o español, ademais de entre o galego e o español en calquera dirección.

Se queres coñecer a miña formación e experiencia profesional, bótalle unha ollada ao meu CV.

Queres poñerte en contacto comigo ou pedir un orzamento? Envíame un correo a paloma@palomabcr.com ou enche o formulario de contacto da miña páxina web.