Publicamos a Guía práctica para o inicio da actividade profesional da tradución ou da interpretación

A Guía práctica para o inicio da actividade profesional da tradución ou da interpretación está xa disponíbel para a súa descarga e difusión nosa páxina web. Esta guía creouse a partir dun debate entre socias e socios da AGPTI sobre a mellor maneira de comezar a traballar en tradución. A asociación decidiu entón comezar un proceso para compilar a información que facilitaron as súas socias e socios, co fin de elaborar unha guía práctica con orientacións e recomendacións útiles para o inicio da actividade profesional da tradución e da interpretación. A guía, polo tanto, é o froito das achegas colaborativas das asociadas e asociados da AGPTI sobre as súas propias experiencias nos seus inicios na profesión.

A guía pode descargarse na nosa páxina web (na sección de Documentos, en: https://www.agpti.org/web/uploads/documentos/arquivo/581088167886a-agpti_guia_inicio_actividadepdf.pdf) e recentemente tamén o Translation Journal (http://www.translationjournal.net/e-Books/guia-practica-para-o-inicio-da-actividade-profesional-da-traducion-ou-da-interpretacion.html) recolleu a información da súa publicación.