A importancia de asociarse

Ser socio/a da AGPTI 
non ten máis que vantaxes

A unión é a nosa forza

Formar parte da AGPTI inclúe vantaxes e servizos que contribúen a unha maior actividade profesional, tanto de cada un dos socios e socias como do colectivo.

Se queres formar parte da AGPTI, consulta as diferentes vantaxes de pertencer a esta asociación. A continuación, só tes que cubrir o formulario de solicitude de alta e envialo asinado, xunto coa documentación que se indica, por correo electrónico a secretaria@agpti.org.

Sen dúbida, son moitas as ocasións en que as/os profesionais da tradución e da interpretación vivimos situacións en que as nosas condicións laborais non son as ideais, mais tamén precisamos apoio doutros compañeiros e compañeiras, dun colectivo que faga valer os nosos intereses. O traballo colectivo tamén serve para formarnos e para conversar sobre moitos aspectos relacionados coa nosa profesión, asóciate!

AGPTI ten catro categorías de membros

  • SOCIAS E SOCIOS PROFESIONAIS (profesionais en exercicio da tradución e da interpretación, por conta propia ou allea)
  • ESTUDANTES ou TITULADAS/OS en grao, licenciatura ou outros estudos de Tradución e Interpretación 
  • CONVIDADAS/OS
  • SOCIAS E SOCIOS DE HONRA

Entre outras diferenzas, a maioría das ofertas de traballo que recibe a asociación por parte de particulares e empresas quedan reservadas aos membros profesionais (os membros que están en condicións de levar a cabo estes traballos), e por iso son os únicos que aparecen no motor de busca de profesionais de www.agpti.org. No capítulo terceiro dos estatutos da asociación detállanse os dereitos e as obrigas de cada unha das categorías (poden consultarse na sección «Documentos e recursos»).