O vindeiro 18 de xullo de 2019, a AGPTI organiza unha tarde de actividades lúdico-didácticas na vila de Bueu para profesionais da tradución e da interpretación, sexan ou non membros da asociación. O programa é o seguinte:
- Visita guiada polo porto de Bueu: percorrido vendo as tipoloxías de embarcacións tradicionais e explicando as artes de pesca empregadas. Duración aproximada: 30 minutos.
- Visita á lonxa: a través da visita ás instalacións da lonxa de Bueu, poderemos ter unha visión máis global da cadea de comercialización, a trazabilidade e a casuística da venda do produto pesqueiro. Duración: 30 minutos.
- Visita á praza de abastos: percorrido polos diferentes postos vendo as especies procedentes da pesca artesanal de Bueu. Duración aproximada: entre 45 minutos e unha hora.
- Visita guiada de balde ao Museo Massó de Bueu.
As tres primeiras actividades son a cargo do Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra.
Pódese acceder a todos os detalles neste formulario. Para se inscribir é preciso cubrilo antes do mércores 17 de xullo ás 17.00 horas.