Traduxuntanza da AGPTI en Pontevedra (07/04/2017) + visita ao campanario da basílica de Sta. María

Es tradutor/a, intérprete ou estudante de TeI e apetéceche pasar uns bos momentos con outras/os compañeiras/os de profesión na tranquila cidade de Pontevedra, para nos coñecermos mellor? Daquela ven á nosa próxima traduxuntanza informal nesta cidade, aberta tanto a socias/os da AGPTI coma non-socias/os. Agardámoste!

Onde: Café Moderno, na praza de S. José, 3, Pontevedra
Cando: o venres 07/04/2017 ás 17.00 h

Preto de hora e pico máis tarde, as persoas interesadas poderemos subir ao campanario da basílica de Sta. María (donativo de 1 €), desde onde apreciaremos unhas vistas diferentes da cidade.

+ info: https://www.facebook.com/events/1928017870752573/.