Traduxuntanza en Pontevedra (10 de agosto de 2024)

Traduxuntanza Pontevedra

O sábado 10 de agosto de 2024, a AGPTI organiza unha traduxuntanza na cidade de Pontevedra coas seguintes actividades:
– 10.00 h – 11.45 h: reunirémonos na cafetería Carabela;
– 12.00 h – 13.00 h: visita guiada de balde ao Museo de Pontevedra;
– 13.30 h – 16.00 h: xantar no restaurante Adega dos Avós; actualmente conta cun menú do día de 15 € (na terraza) ou 14 € (no interior). Pagarase in situ;
– Pola tarde: posible paseo polo río Lérez ou polas prazas da cidade, terraceo incluído.

Poden participar nestas actividades tanto as persoas socias da AGPTI coma as non-socias e acompañantes (familia e amigos/as).

Se alguén ten dificultade en desprazarse ata o punto de encontro ou quere ofrecer prazas no seu coche, pode indicalo na propia inscrición.
Prazo máximo de inscrición a través deste formulario: xoves, día 8 de agosto de 2024, ás 18.30 h.