A AGPTI organiza unha traduxuntanza o venres 21 de xuño de 2024 coas seguintes actividades na zona de Ourense:
– 10.00 h – 13.30 h: visita guiada de balde ao centro de procesado de Coren, en Sta. Cruz de Arrabaldo;
– 13.50 h – 16.30 h: xantar no restaurante Catro Camiños;
– 17.00 h – 17.45 h: visita guiada de balde ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa do castro de S. Cibrao de Las. Após a visita guiada ao centro de interpretación, visitaremos libremente o recinto arqueolóxico.
Poden participar nestas actividades tanto as persoas socias da AGPTI coma as non-socias e os/as seus/súas acompañantes (familia e amigos/as).
Se alguén ten dificultade en desprazarse ata o punto de encontro ou quere ofrecer prazas no seu coche, pode indicalo na propia inscrición.
Prazo máximo de inscrición neste formulario: mércores, día 19 de xuño de 2024, ás 12.30 h.