Unha merenda-conversa sobre linguaxe inclusiva

O pasado xoves 21 de maio, unha trintena de socias e socios da AGPTI reuniuse virtualmente para asistir á merenda-conversa sobre linguaxe inclusiva dirixida pola tradutora, intérprete, escritora e activista María Reimóndez.

María, partindo de diferentes teorías lingüísticas feministas e queer, expuxo unha serie de ferramentas non sexistas e inclusivas aplicábeis a diversos campos no ámbito da interpretación e da tradución (médica, administrativa, xornalística, literaria).

Esta presentación deu paso a unha interesante conversa na cal se compartiron dúbidas, experiencias e recursos, e na que se falou de aspectos como a linguaxe non binaria en relación á tradución.

A próxima merenda-conversa para socias e socios da AGPTI, dirixida por Miguel Braña (Catro Ventos Editora), versará sobre consumo consciente e terá lugar o día 8 de xuño (preinscrición).