O pasado 7 de maio celebrouse en Santiago de Compostela a gala dos premios Follas Novas do Libro Galego 2022 (VII edición).
Estes premios, anteriormente coñecidos como premio da Gala do Libro Galego, son convocados pola Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e mais a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e a súa primeira edición tivo lugar no ano 2016.
A obra gañadora na sección de obra traducida foi Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà, publicada por Kalandraka Editora e traducida do catalán ao galego pola socia da AGPTI María Alonso Seisdedos.
As outras dúas obras finalistas foron:
– O infinito nun xunco, de Irene Vallejo, traducida por María López Suárez para Edicións Xerais de Galicia.
– O quinto en cuestión, de Robertson Davies, traducida por Alejandro Tobar para Kalandraka Editora.
No ano 2021 tamén resultou premiada unha obra traducida por outra compañeira da AGPTI: A nosa Negra, de Harriet E.Wilson, con tradución de María Reimóndez.