O vindeiro 31 de maio de 2019, a AGPTI organiza unha xornada de actividades lúdico-didácticas nos arredores de Ourense para profesionais da tradución e da interpretación (e acompañantes), sexan ou non membros da asociación.
Velaquí o programa da xornada:
- 11.00-12.00: visita guiada gratuíta a Aceites Abril, no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense). N.º máximo de participantes: 10.
- 14.00-16.30: xantar no restaurante Peregrinus, en Ourense.
- 17.00-18.30: visita guiada ao castro de Santomé.
- 19:00-19:45: visita guiada gratuíta ao parque botánico de Montealegre.
Para asistir, é obrigatorio inscribirse por medio deste formulario. O prazo é até o xoves día 30 de maio ás 17.00 h.
(Fotografía: Aceites Abril)