Visitas guiadas RAG+Arquivo na Coruña (21/04/2015)

Xornada de visitas guiadas gratuítas á RAG / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e ao Arquivo do Reino de Galicia na Coruña (21/04/2015)

A AGPTI organiza unha xornada de visitas guiadas gratuítas á Real Academia Galega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e ao Arquivo do Reino de Galicia na Coruña o martes 21 de abril deste ano.
Pode asistir calquera tradutor, intérprete ou estudante de tradución e interpretación, sexa ou non socio da AGPTI.
As visitas serán en galego.

Programa

  • 11.30: Encontro na porta principal do Concello da Coruña na praza de María Pita;
  • 12.00-13.30: Visita guiada gratuíta ao Arquivo do Reino de Galicia
    Xardín de san Carlos s/n
    . N.º de prazas: 15;
  • 14.00: Xantar no Mesón A Roda
    Capitán Troncoso, 8 (rúa peonil ao carón da praza de María Pita). Máis información sobre os menús.
  • 16.30-18.45 aprox.: Visitas guiadas gratuítas ao Salón de Actos da Real Academia Galega e á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán R/ Tabernas, 11.

Descrición das visitas. N.º de prazas: 30;

Máis información e inscricións.
As prazas das visitas guiadas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Confirmarase a recepción de todas as mensaxes en 24 horas como máximo.