Xuntanza da Red Vértice en Zaragoza

A Red Vértice reunirase en Zaragoza o próximo 8 de xuño. A asociación Aragonesa de Tradutores e Intérpretes (ASATI) será a encargada de acoller este ano as dezaseis asociacións de profesionais da tradución, interpretación e corrección que compoñen a rede.

O día anterior, o venres 7 ás 17:30 h, realizarase unha presentación de todas as asociacións e posterior coloquio no Museo Pablo Gargallo, praza San Felipe, 3 50003 Zaragoza. Tras a presentación ofrecerase aos asistentes un viño español para poder charlar de forma máis distendida cos representantes de todas as asociacións.

A AGPTI volverá estar presente nesta xuntanza anual.

Para máis información, podedes visitar a páxina web da ASATI.