Socios e socias

Ser socio/a da AGPTI 
é todo vantaxes

A unión é a nosa forza

A Asociación fornece ás profesionais adheridas múltiples servizos que crean estabilidade na actividade profesional tanto en individual como en conxunto.

Se queres formar parte da AGPTI, consulta as diferentes vantaxes de pertencer a esta asociación. A continuación, só tes que cubrir o formulario de solicitude de alta ou mellor, solicita a versión máis recente do formulario (secretaria@agpti.org). Envialo asinado logo xunto coa documentación que nel se indica por correo electrónico (mesmo enderezo: secretaria@agpti.org).

Sen dúbida son moitas as ocasións en que as/os profesionais da tradución e da interpretación comprobamos a precariedade das nosas condicións laborais e a dificultade de facer oír os nosos intereses naquelas instancias que poderían provocar o cambio nesta situación.

AGPTI ten tres categorías de membros

  • de PLENO DEREITO (profesionais en exercicio da tradución e da interpretación, por conta propia ou allea);
  • ESTUDANTES ou tituladas/os en grao, licenciatura ou outros estudos de Tradución e Interpretación; 
  • CONVIDADAS/OS.

Entre outras diferenzas, a maioría das ofertas de traballo que reciba a asociación por parte de particulares e empresas quedan reservadas ós membros de pleno dereito, de aí que sexan os únicos que aparecen no motor de busca de profesionais de www.agpti.org. No capítulo terceiro dos estatutos da asociación detállanse os dereitos e as obrigas de cada unha das categorías (véxase o apartado «Documentos»).