O venres 4 de xaneiro ás 14.00 xuntarémonos en Santiago de Compostela para celebrarmos o Aninovo nun xantar informal. Esta actividade está aberta a socias/os e non-socias/os da AGPTI. O xantar será ás 14:00 no restaurante O Dezaseis (rúa de S. Pedro, 16, en Santiago) e o prezo do menú é de 13 €.
É posible que concertemos unha visita guiada a unha institución, empresa ou museo ese mesmo día pola mañá ou pola tarde. Cando teñamos máis detalles sobre esta actividade e a forma de inscrición (que é obrigatoria), comunicarémolo neste evento de Facebook.